O aparcadoiro dos Mirabeles, trece anos sen uso

Pontevedra
01 de outubro 2012

A xunta de goberno local do Concello de Pontevedra na súa reunión habitual de cada luns informou que o concurso convocado para vender o aparcadoiro dos Mirabeles quedou deserto.

O aparcadoiro dos Mirabeles, pegado aos xulgados da Parda, forma parte do patrimonio municipal desde 1999, cando o entón alcalde, Juan Luís Pedrosa (PP), pagou cen millóns de pesetas por este sótano sen acondicionar, de 3.775 metros cadrados e capacidade para uns cen vehículos.

O estacionamiento nunca foi utilizado.

Desde aquel momento o Concello fracasou en todos os seus intentos de ⿿colocar⿝ este sótano. Ofreceullo á Consellería de Xustiza, probou a vender individualmente as prazas de garaxe, de adxudicar a súa explotación a algunha empresa privada. Ata en tres ocasiones saíu a poxa sen éxito.

Agora o grupo de goberno ten a marxe dun ano ⿿para abrir un procedemento negociado para unha posible venda⿝, segundo explicou o portavoz municipal, Raimundo González.

Quen estea interesado no baixo poderá presentar a súa oferta no Concello, por un prezo mínimo de 634.000 euros.

Centro social de emprego

O Concello de Pontevedra convocará un concurso restrinxido entre centros sociais de emprego para o mantemento das zonas axardinadas da Praza da Liberdade, a contorna de Vialia e a zona do Castañal.

O contrato está dirixido a entidades sen ánimo de lucro que fan un labor social. Ata agora era a Asociación Juan XXIII a que viña desenvolvendo esta tarefa pero a lei prohibe facer adxudicacións directas polo que volve saír a concurso.

Aforro en seguros

A renegociación dos contratos de Seguro que o Concello tiña contratados con dúas compañías permitiu un aforro ás arcas municipais de 64.000 euros.

Ata agora o Concello estaba pagando a AXA Seguros e Mapfre, un total de 262.000 euros polos catro seguros contratados (responsabilidade civil, accidentes, danos materiais e vehículos), polo que o aforro supón unha rebaixa próxima ao 25%.

Marqués de Valterra

A xunta de goberno do Concello de Pontevedra adxudicou á empresa ORESA S.L. as obras de reforma da Praza Marqués de Valterra por un montante global de 93.653 euros e un prazo de ejecución de 2,4 meses.