Este mércores, as Rías Baixas atópanse baixo a influencia da borrasca situada sobre Irlanda que deixará choivas principalmente no norte da provincia. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso situándose entre os 9 e os 18 graos, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos con ventos que soprarán moderados de compoñente sur, pasando a fortes nas zonas altas e no litoral atlántico.
Ao longo deste xoves 23 agárdase un fren moi activo con ceos moi nubrados ou cubertos. As choivas serán máis frecuentes no oeste e no sur de Galicia, segundo a información facilitada polo servizo de Meteogalicia. As temperaturas situaranse entre os 13 e os 19 graos con ventos moderados de compoñente sur, que serán fortes nas zonas altas e na costa atlántica.
Ao longo do venres, unha fronte moi activa deixará ceos moi nubrados ou cubertos con presenza de choivas persistentes. As temperaturas oscilarán entre os 13 e os 17 graos. O vento soprará moderado de compoñente sur, cambiando a oeste-noroeste durante as últimas horas do día.
Coa chegada da fin de semana, o sábado Galicia irá recuperando progresivamente a influencia anticiclónica con circulación de ventos do nordés. Espéranse ceos con nubes altas e a primeiras horas non se descarta a presenza de chuvascos ocasionais. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso (9-14) e a sensación de frío irá aumentando coa entrada dos ventos do nordés.
A estabilidade marcará as xornadas do domingo 26 e do luns 27, con tempo seco e temperaturas frías durante as mañás, que se converterán en suaves ao longo da tarde.
A partir do martes, Galicia quedará nun espazo intermedio entre as altas e as baixas presións. Os ceos estarán nubrados e as choivas que se esperan non serán moi intensas