A praza da Ferrería acolleu este luns un acto reivindicativo do alumnado dos institutos de Pontevedra.
O acto está enmarcado dentro das iniciativas postas en marcha polo Consello da Muller Nova con motivo da celebración do Día da Muller.
Así cunha coreografía titulada "Cántoche as corenta" o alumnado denunciaron a carga familiar e de coidados que maioritariamente asumen as mulleres en solitario.
Ademáis houbo un espectáculo de danza inspirado na canción de Rozalén "La Habitación Violeta", unha obra teatral titulada "Sororidade", os estudantes do IES Luis Seoane cantaron o tema de Sés "Non Son Fada".
A concelleira de Igualdade, Paloma Castro, dirixiuse ao alumnado para animarlles a "seguir traballando a prol da igualdade ", ya que, "estades contribuíndo a cambiar o mundo".
"Estou convencida de que as accións que ides protagonizar contribuirán a acadar unha sociedade igualitaria e, polo tanto, máis xusta", concluíu a edil.