O alumnado do Sánchez Cantón, premiado nunha feira de inventores

Pontevedra
08 de xullo 2019

Os integrantes do Clube de Ciencias do instituto pontevedrés participaron por segundo ano consecutivo na Makers Faire cun proxecto sobre pseudociencias e outro sobre navegación astronómica que lles serviron para levar o premio ao mérito, traballo e actitude

Alumnos do Sánchez Cantón que participaron na Makers Faire en Santiago
Alumnos do Sánchez Cantón que participaron na Makers Faire en Santiago / IES Sánchez Cantón

O alumnado do Clube de Ciencias do IES Sánchez Cantón de Pontevedra acaba de ser premiado pola súa participación na V Makers Faire, a maior feira do mundo de inventores. O evento celebrouse no Museo da Cidade da Cultura de Santiago a pasada fin de semana. 

Os alumnos do centro pontevedrés presentaron dous proxectos consistentes no desenmascaramiento das pseudociencias, no que desmontaba o mito das orgonitas; e na elaboración de modelos de sextantes de navegación astronómica en impresora 3D, que logo foron reproducidos en moldes de resina para que cada alumno tivese un modelo propio para clases de trigonometría.

Ambas as iniciativas resultaron distinguidas co banderín Maker of Merit que premia o mérito, o traballo e a actitude dos creadores. No Club de Ciencias do instituto participan os departamentos didácticos de Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Debuxo e Educación Plástica e Visual e Xeografía e Historia. 

É o segundo ano consecutivo no que participan nesta feira, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os pñublico e disciplinas. Xa na súa anterior participación, o Sánchez Cantón conseguira dous galardóns.