O alumnado de Ponte Caldelas celebrará o fin de curso no parque acuático de Cerceda

Ponte Caldelas
12 de maio 2022

O Concello, coa colaboración das ANPA do Colexio Manuel Cordo Boullosa, A Reigosa e do Instituto, organiza unha viaxe recreativa ao recinto o martes 28 de xuño

Parque acuático de Cerceda
Parque acuático de Cerceda

O martes 28 de xuño o alumnado dos colexios Cordo Boullosa e A Reigosa, así como do Instituto, visitará gratuitamente o parque acuático de Cerceda para celebrar o remate do curso.

Logo de dous anos de parón pola pandemia, retómase esta iniciativa na que participaron nas anteriores edicións preto de 350 rapaces, acompañados de nais e pais.

O Concello de Ponte Caldelas, en colaboración coas ANPA dos tres centros educativos, corre con todos os gastos de transporte e entrada ao parque acuático. O operativo supón o desprazamento de sete autobuses.

O alcalde, Andrés Díaz, agradece especialmente a colaboración do Concello de Cerceda que fai posible a reserva desta xornada.

‘ESMALTE AO LUME E VITROFUSIÓN’

O esmalte ao lume, unha técnica artesán en extinción, será protatonista da exposición que se celebra na Casa da Cultura de Ponte Caldelas con motivo da celebración da Festa da Troita. 

Da man de Olga Durán e Isabel Perea chega unha mostra que levan un tempo investigando as posibilidades de cadros e xoiería con cristais e metais e empregando técnicas moi detallistas e perfeccionistas.

A exposición, que se inaugura este venres ás 12.30 horas, estará aberta ata o domingo 29 de maio.