O altar da Virxe dos Desamparados de Santa Clara será trasladado a Santiago

Pontevedra
07 de outubro 2024
Actualizado: 19:05

Patrimonio autorizou o traslado solicitado pola congregación das monxas clarisas. O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, culpou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, de permitir na negociación para a compra do convento un "saqueo cultural e un espolio artístico"

Rafa Domínguez diante do altar da Virxe dos Desamparados
Rafa Domínguez diante do altar da Virxe dos Desamparados /

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, informou do trasladado a Santiago de Compostela do altar da Virxe dos Desamparados situado na igrexa do Convento de Santa Clara.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns no propio recinto conventual, Rafa Domínguez explicou que a Dirección Xeral de Patrimonio ven de autorizar o traslado solicitado pola congregación das monxas clarisas.

"La intención de las clarisas es trasladarlo próximamente, para tenerlo cerca y rendirle culto", anunciou. Este mesmo luns comunicaron a súa vontade de levar a cabo a retirada nun prazo máximo de 20 días.

Rafa Domínguez alertou de que "en cualquier momento podrían solicitar también el traslado del altar mayor, de los altares laterales, del coro o incluso del órgano que pertenecen al convento de Santa Clara" porque, segundo sinalou, no proceso de compra do antigo cenobio "el alcalde perpetró, participó y firmó el mayor expolio cultural de la historia de Pontevedra".

O vicepresidente culpou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, de permitir na negociación para a compra do convento un "saqueo cultural y un espolio artístico" por parte da congregación relixiosa "privando a Pontevedra dun dos maiores patrimonios culturais, relixiosos e artísticos dos que dispuña".

Segundo manifestou Domínguez, o goberno local de Pontevedra "antepuso el sectarismo, su ideología, al interés de mantener un patrimonio artístico cultural de valor incalculable e íntimamente ligado a Santa Clara". Lores "no puso ningún interés en que esas obras de arte siguieran en nuestra ciudad", sentenciou.

Rafa Domínguez lamentou que o altar dos Desamparados, "un lugar de referencia al que acudían muchos pontevedreses en momentos de desesperación", abandone Pontevedra para irse a Santiago, e remarcou que "estamos en negociaciones para que todas esas piezas no marchen de nuestra ciudad".

O vicepresidente lembrou que até a data as clarisas puideron levar até Santiago pezas situadas no altar maior como a imaxe de San Miguel Arcángel, en madeira policromada e dourada, do ano 1734; da Asunción de María, tamén de madeira policromada e da mesma data, que presidía o altar; do Cristo crucificado de madeira policromada do século XVIII; a imaxe de San Fernando tamén policromada e do ano 1734; de San Francisco de Asís, de San Antonio de Padua, de Santa Clara, de San Vicente Mártir, unha imaxe de relicario situada nunha urna acristalada na parte baixa do altar do retablo maior ou, entre outras, de varios anxos do século XVIII situados na parte superior do retablo e á beira da imaxe da Asunción que presidía o retablo maior.

Tamén do retablo da Inmaculada Concepción levaron unha parella de anxos do século XVIII de madeira policromada e dourada, unha imaxe de Santa Úrsula e outra de Santa Bárbara, do ano 1538; outra de Santiago Apóstol do segundo terzo do século XVIII; unha imaxe da Inmaculada Concepción do século XVIII e un Neno Jesús de Praga do século XIX, así como imaxes de San Rafael e Tobías, do século XVII; da Virxe da Carmen, do século XIX; de San Juan Bautista e San Benito, ambas as do século XVIII; e de Jesús Nazareno, que en Semana Santa situábase sobre o altar.

E do retablo, que aprobou o seu traslado a Patrimonio, levaron unha parella de Santos de 1738, un cadro anónimo da Virxe dos Desamparados do século XVIII, unha parella de anxos do mesmo século, a figura de Santa Ana e San Joaquín do mesmo período. Tamén imaxes da igrexa como San José, unha escultura pétrea do século XIV e a figura de Santa Clara que se situaba no alto da fonte, no patio do convento.

"Todas estas obras se perdieron ya para los pontevedreses. Todas fueron separadas del entorno para lo cual estaban destinadas y Lores es responsable de la pérdida de este patrimonio histórico y cultural, de valor incalculable para Pontevedra", insistiu.

Por último, engadiu que "no siendo suficiente, Lores también pactó los precios de venta del resto de las piezas que hay ahora mismo en el convento". Deste xeito, indicou que o altar maior da Igrexa está valorado en 126.250 euros, os retablos da esquerda e dereita por 99.000 euros, o da Virxe dos Desamparados, reclamado agora polas clarisas, por 74.000 euros, o púlpito por 22.000 euros, o coro por 14.000 euros e o órgano por 135.000 euros.

RESPOSTA DO CONCELLO

O concelleiro César Mosquera saiu ao paso destas manifestacións do vicepresidente da Deputación lembrando que "o PP estivo sempre en contra da compra de Santa Clara" e responsabilizou do traslado deste patrimonio ao goberno provincial do que dixo que "tiveron unha solución facilísima" xa que pudideron executar a opción de compra.

Mosquera afirmou que "hai un ano e sete meses" que advertiu á administración provincial desta situación e a posibilidade contemplada no contrato.

"O criterio das clarisas era que todo o que puidera ser de culto era delas e querían levalo", explicou Mosquera, "e a Dirección xeral de Patrimonio da Xunta autorizouno".

"Había opción de compra que se puido executar", insistiu o concelleiro que aconsellou a Rafa Domínguez "coidarse un pouco máis e documentarse" porque "o señor Domínguez leva uns cantos patinazos".

EXPLICACIÓNS DA DEPUTACIÓN

Desde a Deputación de Pontevedra explicaron que no acordo de compravenda, estipúlase que a propiedade inclúe todos os bens mobles e inmobles do recinto, excepto algúns, entre os cales se atopa o altar ou retablo da Virxe dos Desamparados. As Clarisas teñen un prazo de catro anos (ata 2025) para retirar eses bens, e deben notificar á administración provincial, con polo menos 20 días de antelación antes de realizar a retirada. Se non retiran os bens dentro dese prazo, pasarán a ser propiedade da Deputación, cun prezo fixado na escritura, que para o retablo é de 74.000 euros.

Por tanto, sinalan que a Deputación non pode executar ningunha compra ata que pase ese tempo. O que significa que, se as Clarisas deciden levar o resto, pódeno facer.