O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, púxose de novo ao servizo para axudar ás persoas do municipio que non poden ou non deben saír das súas casas con motivo da segunda onda da Covid-19.
De novo toma o volante para axudar de primeira man a todas as persoas que o precisen. Ó longo desta semana fixo entrega de varios lotes de medicamentos, de algunhas compras do supermercado e incluso de partes de baixa.
Neste momento no que Ponte Caldelas se atopa dentro do peche perimetral de Pontevedra e no que se lles aconsella ás persoas maiores e de alto risco que saian o mínimo posible das súas viviendas, toma sentido dar o máximo apoio "as persoas máis vulnerables ás que non podemos deixar de lado", apunta Díaz.
As persoas que precisen deste servizo teñen que chamar ao Concello de Ponte Caldelas 986750013 e falar coa concelleira Leticia Rocha, na extensión 2. Ela tomará nota do domicilio para que o alcalde se achegue a recoller a lista da compra, a tarxeta sanitaria e o diñeiro para, logo de facer a xestión, entregar os alimentos, medicamentos ou documentos no domicilio.