O 8 de marzo reivindícase nos espazos e nos centros de traballo públicos

Pontevedra
08 de marzo 2017

Realizáronse diferentes concentracións silenciosas con motivo do Día da Muller en centros de traballo como os Xulgados da Parda ou o Centro de Saúde da parroquia de Lérez. Tamén se desenvolveron actos en localidades como Cuntis, Bueu ou Marín

Un 8 de marzo reivindicativo en Pontevedra
Un 8 de marzo reivindicativo en Pontevedra / PontevedraViva

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola deputada Digna Rivas e polo alcalde Manuel Campos e a concelleira Conchi Campos protagonizaba este mércores un acto do proxecto 'Violencia Zero' en Cuntis no que lembraba que o mundo se pararía sen as mulleres. Esta actividade englóbase dentro das actividades de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Bueu tamén celebrou esta xornada coa estrea de curtos e dun vídeoclip elaborado no marco do proxecto ExpresArte!, ademais dunha conferencia que comezaba no Museo Massó a partir das 20.00 horas unha conferencia sobre a relación da pintora Maruja Mallo con Bueu, impartida polo historiador Carlos López Bernárdez.

Pola súa banda, en Ponte Caldelas levou a cabo un obradoiro de sexualidade e un faladoiro de Mulleres, dinamizado por Esperanza Díaz Beltrán e coa participación de varias mulleres veciñas do municipio. 

Alumnas do doctoramiento da Facultade de Belas Artes, Alba Blanco e María Roja, tamén ofreceron no Centro Social de Mondariz un traballo visual baseado na reescritura de Tamara Andrés do conto do pirata de Barbazul.

En Marín realizábase unha homenaxe ás matronas, as mulleres sabias que, pola súa idade  e experiencia, axudaban a outras mulleres no parto. 

En diversos centros de traballo públicos de Pontevedra tamén se realizaron concentracións ao mediodía para reivindicar o labor das mulleres neste Día Internacional. Así sucedía no edificio dos xulgados da Parda e no centro de saúde de Lérez. Tamén es espazos de traballo do ámbito privado como o Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, as traballadoras reivindicaron esta xornada.