O 60% dos pontevedreses disfrázase en Entroido

Pontevedra
01 de febreiro 2016

A Federación Provincial de Comercio asegura que o 60% dos pontevedreses disfrázanse en Entroido. É un dos datos máis destacados deste estudo que tamén inclúe a previsión de gasto a realizar en disfraces de 21.798.000 euros e en alimentación 11.411.028 euros

Desfile de Entroido 2014 en Pontevedra
Desfile de Entroido 2014 en Pontevedra / Diego Torrado

A Federación Provincial de Comercio asegura que o 60% dos pontevedreses disfrázanse en Entroido. É un dos datos máis destacados deste estudo que tamén inclúe a previsión de gasto a realizar en disfraces de 21.798.000 euros e en alimentación 11.411.028 euros.

Só na cidade de Pontevedra o gasto estimado é de 777.000 euros.

En total, o Entroido moverá en toda a provincia 33.209.028 euros.

En total, o Entroido moverá en toda a provincia 33.209.028 euros

Esta Federación destaca o aumento dun 5% na previsión de gastos en relación co ano pasado, "nótase un maior numero de persoas que se disfrazan e de comparsas" integradas estas últimas por unha media de 60 persoas.

Outro dos gastos principais é o consumo da gastronomía tradicional. É dicir, lacón con grelos, filloas. O gasto medio do consumo dos produtos é de 12 euros por persoa.

Segundo destaca esta Federación que preside Antonio Reguera: "no ránking de vendas no comercio, o entroido pasou de estar no cuarto lugar de gasto, xa que cada ano ten unha maior atracción para o público, e os concellos que se esmeran en preparar diversos actos".

O 98 % dos nenos en idade escolar disfrázanse e participan no entroido no colexio e tamén na rúa. O gasto medio en disfraces e artigos de entroido de 15,75 euros.

En canto aos mozos de entre 15 a 24 anos, disfrázanse o 55 %, cun gasto medio en disfraces e artigos de entroido de 36,75 euros.

Respecto dos maiores de 25 anos en diante, segundo este estudo, disfrázanse o 38%, cun gasto medio en disfraces e artigos de entroido, incluíndo grupos e comparsas de 50,40 euros.

Arquivado en