O 45353, quinto premio da Lotería de Nadal, vendido na Illa de Arousa

O Salnés
22 de decembro 2023

Minutos antes das dez da mañá chegaba o primeiro premio para Galicia neste sorteo extraordinario de Nadal da Lotería Nacional. Era un dos oito quintos premios. Foi o número 45353, agraciado con 6.000 euros ao décimo. Unha das localidades que repartiu sorte, como adoita ser habitual neste sorteo, foi A Illa de Arousa

45353, quinto premio no sorteo extraordinario de Nadal
45353, quinto premio no sorteo extraordinario de Nadal / PontevedraViva

Minutos antes das dez da mañá chegaba o primeiro premio para Galicia neste sorteo extraordinario de Nadal da Lotería Nacional. Era un dos oito quintos premios, o segundo dos que se extraeron este venres do bombo.

Foi o número 45353, agraciado con 6.000 euros ao décimo.

Este premio estivo moi repartido por toda España, o que indica que, probablemente, vendeuse de forma automática por máquina.

Unha das localidades que repartiu sorte, como adoita ser habitual neste sorteo, foi A Illa de Arousa. Alí vendeuse este 45353, concretamente na administración de lotería número 1, situada na Rúa do Cruceiro.

Ademais, este número tamén deixou un belisco en Vigo, Cangas ou Redondela.