Con motivo da actual situación de confinamento que se está vivindo pola expansión do COVID-19, a Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos (CONFAPA) realizou unha enquisa para coñecer en primeira persoa as dificultades que teñen as familias para conciliar a vida cotiá co proceso educativo.
Para iso contaron coa participación de máis de 6200 respostas, o que supón un 10% da poboación tendo en conta o número de escolares en centros públicos de Galicia. De todos os datos recolleitos extraeron as seguintes conclusións:
- O 30% das familias non teñen acceso a redes que lles permita desenvolver unha educación non presencial cunhas condicións mínimas para que a transmisión de coñecemento sexa factible.
- Un 37% de estudantes non dispoñen de estancia propia para desenvolver o seu traballo, polo que teñen que usar espazos comúns. Así mesmo, o 63% de familias teñen que compartir o único computador dispoñible, que vale para teletrabajar, asistir a clase e facer os deberes.
- As ferramentas, canles e contidos utilizados polos profesores é moi variada, polo que as familias están obrigadas a consultar todo tipo de canles sen unha estrutura nin organización. Os máis utilizadas son o correo electrónico e a páxina web do centro, ademais das redes sociais como Instagram ou Whatsapp.
- A carga de traballo no alumnado está a ser diversa pero nos niveis educativos superiores a maioría de alumnos utiliza máis de 5 horas ao día para desenvolver as actividades.
- En moitos casos, os estudantes con necesidades de apoio ou necesidades educativas especiais son os gran olvidados xa que, en moitos casos, os pais non teñen coñecementos suficientes para suplir o traballo do profesorado específico nin as ferramentas docentes adecuadas.
En canto aos datos recolleitos, desde CONFAPA Galicia queren resaltar que non hai un rexeitamento social sobre o proceso de educación a distancia nas circunstancias actuais e que o actual desenvolvemento deste período de educación non presencial non cumpre cos preceptos constitucionais de universalidade nin coa igualdade de oportunidades.
Para a finalización do curso no terceiro trimestre, consideran que nestas circunstancias é imposible facer unha avaliación xusta ao alumnado, polo que están en contra de que o remate do curso prodúzase nesas situacións.
Por último, esixen estar presentes en todos os órganos nos que se tomen as decisións en canto á continuidade do curso escolar 2019/2020 e que calquera decisión conte co visto e prace das familias.