O 25 de xullo retómanse as visitas guiadas á Illa de Tambo

Poio
17 de xullo 2020

Ao longo de agosto celebraranse cinco visitas máis, os días 8, 20, 21, 22 e 23. Segundo anuncia este colectivo existe a posibilidade de organizar tamén visitas para grupos de entre 30 e 100 persoas fóra desas datas establecidas. O prezo para os adultos é de 14 euros e a visita dura 3 horas

Barcos fondeados fronte a praia da Illa de Tambo en xullo de 2020
Barcos fondeados fronte a praia da Illa de Tambo en xullo de 2020 / PontevedraViva

O 25 de xullo realzarase a primeira visita guiada á Illa de Tambo prevista para este verán, organizadas pola asociación Irmandade Illa de Tambo. O prazo para inscribirse finaliza este sábado 18 ás 20.00 horas.

A saída realizarase no Porto deportivo de Combarro e a viaxe vai ser no Catamarán Pelegrín. Partirá ás 10.00 e regresará ás 13.40 horas. A visita á Tambo dura tres horas e presenta unha dificultade baixa para realizar o percorrido, segundo a organización.

O prezo é de 14 euros para adultos mentres que os menores con idades comprendidas entre os 6  e os 12 anos pagarán 10 euros. Os menores de 6 anos realizan a viaxe de maneira gratuíta.

Ao tratarse dun territorio aínda de carácter militar, a asociación indica que é preciso realizar unha reserva enchendo unha ficha individual remitíndoa asinada ao correo irmandadeilladetambo@gmail.com. Unha vez que se garanta a reserva, que se realizará por orde de recepción, o pago deberá facerse efectivo 20 minutos antes da saída de cada viaxe no despacho de billetes do Catamarán.

Ao longo de agosto celebraranse cinco visitas máis, os días 8, 20, 21, 22 e 23. Segundo anuncia este colectivo existe a posibilidade de organizar tamén visitas para grupos de entre 30 e 100 persoas fóra desas datas establecidas.

Durante os últimos veráns é habitual ver, a diario, numerosos barcos particulares fondeados na contorna do areal da Illa de Tambo e en ocasións, os tripulantes baixan para pasar un rato na praia deste espazo natural da ría de Pontevedra.

Arquivado en