Ás 20:42, a mesma hora na que na tarde deste fatídico mércores 24, se producía a traxedia en Santiago de Compostela, decenas de pontevedreses quixeron 24 horas despois dar mostra de toda a dor e a impotencia que senten ante o accidente de tren.
Esta concentración estaba convocada en todas as estacións e en Pontevedra púidose comprobar a presenza dun amplo número de mozos que gardaron un respectuoso minuto de silencio polas vítimas do fatal suceso que tamén causou a morte da moza pontevedresa Laura de Juan Portela.
Este venres, ás 12 do mediodía volveranse producir imaxes semellantes ante os concellos tras o chamamento por parte da Federación Galega de Municipios e Provincias a concentrarse en manifestación de duelo por todos os pasaxeiros que faleceron durante as últimas horas no tráxico accidente.