A piques de abrir os novos aparcadoiros públicos do Inferniño

Marín
28 de marzo 2025

Os traballos de acondicionamento, que están na súa recta final, supuxeron unha inversión de 40.000 euros e habilitarán máis de 100 prazas en pleno corazón da vila

Aparcadoiro de Inferniño
Aparcadoiro de Inferniño /

As obras de acondicionamento das parcelas do Inferniño que se habilitarán como aparcadoiros públicos gratuítos están a piques de rematar.

Supuxeron un investimento de 40.000 euros e consistiron na eliminación de toda a roza existente, facer os muros de contención e pavimentar.

As parcelas, que suman más de 2.700 metros cuadrados, habilitarán máis de 100 prazas de nova creación en pleno casco urbano.

Dende o Concello de Marín destacan que estas prazas súmanse ás das bolsas de aparcamento de Ponte Zapal e de José del Río só nesa zona.

Aparcadoiro do Inferniño
Aparcadoiro do Inferniño     Concello de Marín

Por outro lado, o Concello de Marín informou que a Brigada de Obras estivo realizando labores de mantemento no primeiro dos aparcadoiros de Doutor Otero Ulloa, en Seixo.

Este aparcadoiro atopábase en mal estado polo paso do tempo, a climatoloxía e o uso.

Agora, xa foron resoltos estes problemas e o estacionamento volve a estar en perfecto estado.