A oficina da Feira Franca xa pechou as súas portas ao rematar o prazo para a recepción de solicitudes que permiten participar nas ceas e comidas, na hostalería e tamén nos mercados da Feira Franca.
A organización segue constatando que continúa crecendo o número de solicitudes e supera as 250 peticións para levar a cabo ceas e comidas. Os postos solicitados para os mercados de artesanía e de alimentación foron 158 mentres que os pedidos pola hostalería supera as 130 peticións.
A Feira Franca desta edición celebrarase o 2 e o 3 de setembro coa música como eixo das actividades que levarán a cabo na recreación do mercado medieval.