Novo percorrido e decoración para a cabalgata de Reis de Caldas

Umia
04 de xaneiro 2024

Medio cento de rapazas e rapaces da vila participarán na comitiva como integrantes do séquito da Súas Maxestades de Oriente

Camelos dos Reis Magos en Caldas
Camelos dos Reis Magos en Caldas / Concello de Caldas de Reis

A cabalgata dos Reis Magos chega este ano con novidades en Caldas de Reis.

Segundo avanzou o tenente de alcalde, Manuel Fariña, a especial marcha das súas Maxestades de Oriente estreará percorrido para tentar facela máis atractiva e accesible á cidadanía, e tamén contará con nova decoración. Ademais, despois de varios anos sen producirse, medio cento de nenos e nenas do municipio acompañarán no roteiro os Reis.

O desfile partirá ás 18.00 horas desde o Paseo Román López, para seguir poa a Rúa das Palmeiras, Praza Martín Herrera, Carlos García Bayón, Juan Fuentes, Río Bermaña, Campo da Torre, Rúa Real e Praza das Palmeiras.

En canto ás carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar, serán outra das sorpresas tras ser renovadas. Contarán ademais co acompañamento da Banda de Música de Caldas e do grupo de gaitas 'As Espiñas'.

Durante o percorrido repartiranse en total máis de 300 quilos de caramelos sen glute e outras chucherías.