O Concello de Cerdedo-Cotobade deu un novo paso administrativo coa aprobación inicial do plan especial de infraestruturas e dotacións para a ordenación da zona verde da praia fluvial de Cerdedo.
Este plan especial de infraestruturas ten como obxectivo cambiar o uso deste parcelario, que mayoritariamente é suelo rústico.
Deste xeito a administración local entra na fase definitiva para poder remitir o proxecto á Dirección Xeral de Urbanismo para o seu dictame final.
O Concello contempla un investimento de preto de 2 millóns de euros para facer unha estación de autocaravanas, unha área fluvial e de lecer máis grande, unha cafetería, unha pista deportiva, un anfiteatro cunha bancada natural para facer actividades e unha área recreativa con sendeiros circulares para pasear.
O alcalde, Jorge Cubela, sinalou que "esta é unha obra moi demandada e ansiada".
"Estamos traballando tamén o proxecto de expropiación e licitaremos o proxecto construtivo este mesmo ano", dixo.
Tal e como indicou o alcalde este é o gran proxecto do goberno local para o núcleo de Cerdedo "para convertelo nun dos grandes polos de atracción turística da Nacional 541".
O alcalde considera que a posta en marcha desta iniciativa vai supoñer "un cambio radical e un revulsivo" desde o punto de vista do lecer para a veciñanza e un "atractivo turístico sen precedentes" para o núcleo de Cerdedo.