A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sobe en 19 casos o número de persoas infectadas en comparación co luns 21. A Consellería de Sanidade informa este martes de 2.195 casos activos. Desta cifra hai 44 enfermos que se atopan ingresados. 35 permanecen no Hospital Montecelo, 7 no Hospital do Salnés e un no Hospital Quirón Salúd. A eles hai que sumar un paciente con covid na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Nas últimas 24 horas realizáronse 231 probas diagnósticas co resultado de 216 contaxios diarios novos. O número de falecementos con motivo desta enfermidade mantense en 263 persoas. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse un total de 59.133 pacientes na área, 197 máis que onte.
DATOS EN GALICIA.
Saúde Pública informa de seis novos falecementos con covid-19 en Galicia. En total, o número de decesos coa enfermidade desde o inicio da pandemia elévase a 3.180 persoas.
Tamén no conxunto de Galicia aumentan os casos activos con 438 positivos máis que o luns. O total ascende a 20.663 positivos. 436 enfermos atópanse en planta de hospitalización (+21), mentres que nas UCI permanecen 18 pacientes (-2).
Por áreas sanitarias, os casos activos son os seguintes: A Coruña-Cee: 4.368 (+58); Vigo: 3.826 (+87); Santiago-O Barbanza: 3.372 (+181); Lugo: 2.472 (+49); Ourense: 2.430 (-29); Pontevedra-O Salnés: 2.195 (+19); Ferrol: 1.904 (+71); e sen área sanitaria asignada: 96 (+2).
O número de positivos novos na comunidade sitúase en 2.290 nas últimas 24 horas. Trátase de 371 contaxios diarios máis en relación aos notificados durante o martes de hai unha semana.