Novo firme para un dos ramais do camiño Banda do Río, en Poio

Poio
04 de decembro 2024

Esta é unha das actuacións que se están executando nos camiños municipais, nas que o Concello de Poio está investindo preto de 300.000 euros para mellorar a seguridade e mobilidade

Camiño Banda do Río, en San Xoán de Poio
Camiño Banda do Río, en San Xoán de Poio / Concello de Poio

O Concello de Poio comezou as obras para rehabilitar o firme nun dos ramais do camiño Banda do Río, en San Xoán.

Esta actuación se estenderá ao longo dos vindeiros días e permitirá renovar o pavimento.

O Concello destacou que o deterioro que presenta esta vía débese ao desgaste producido pola circulación de vehículos e á erosión orixinada pola auga.

O concelleiro de Obras e Servizos, Marcial García, desprazouse ata o lugar para comprobar o avance das actuacións.

A obra consistirá no fresado do tramo en dous puntos para manter a mesma rasante de terreo, limpeza do firme actual mediante barrido.

Finalmente, aplicarase unha regadura de imprimación e establecerase unha nova capa de aglomerado en quente.

Esta é unha das actuacións que o Concello de Poio está executando nos camiños municipais, nos que nestes últimos dous meses do ano está investindo preto de 300.000 euros para mellorar a seguridade e mobilidade.

Así, ademais do camiño de Banda do Río, tamén se están facendo traballos no camiño da Coita, e nos próximos días comezarán en Liñares, Paradela, Retea e Rabisa.