Nova xornada con aumento de casos activos de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Este xoves, segundo o último balance oficial, pódese confirmar que se detectaron 259 novos positivos e hai un novo incremento de pacientes nos hospitais.
En concreto, hai nos hospitais de área sanitaria tres pacientes máis coa enfermidade, 45 fronte aos 42 do día anterior. O número de pacientes vai fluctuando por días e o martes, de feito, eran 44, baixaron a 42 e agora soben a 46.
Non hai cambios na unidade de coidados críticos do Hospital Montecelo, con dous pacientes, e os outros 43 están ingresados en planta de hospitalización: 33 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 9 no Hospital do Salnés.
En canto aos casos activos, son 2.396, 131 máis que o día anterior, tras detectarse 259 positivos e darse 128 altas a pacientes xa curados. Dese total de casos, 2.351 están no seu domicilio en illamento sen síntomas ou con síntomas leves.
Desde o inicio da pandemia, na área sanitaria curáronse 59.429 pacientes e faleceron 263.
En canto a realización de probas diagnósticas, nas últimas 24 horas fixéronse 265 PCR' s, que elevan a 406.551 xa efectuadas desde o inicio da pandemia; 242.065 test de antíxenos; e 127.969 probas doutra natureza.
EVOLUCIÓN EN GALICIA
Tamén a nivel autonómico rexistrouse no último balance oficial un aumento de casos activos e de pacientes hospitalizados. En concreto, 448 pacientes ingresados, 425 en planta e 23 en UCI, cinco máis que o día anterior.
A última actualización de datos recolle un total de 22.649 casos activos, 1.393 máis que o día anterior. Ademais, o Sergas confirma 2.557 novos positivos na última xornada, así como a morte de catro persoas con covid-19 e que recibiron o alta 1.160 persoas que estaban infectadas.
Por áreas sanitarias, crecen os casos en todas as de Galicia. Na Coruña hai 4.772, un total de 298 máis que o día anterior. En Vigo hai 4.232, 277 máis. En Santiago son 3.747, 257 máis. En Ferrol hai 2.137, 147 máis. En Lugo ascenden a 2.726. 173 máis. En Ourense elévanse a 2.543, 114 máis.
Durante a última xornada, detectáronse novos casos en todas as áreas sanitarias. 540 na Coruña, 510 en Vigo, 415 en Santiago, 271 en Ourense, 249 en Ferrol e 308 en Lugo.