O Concello de Moraña iniciará tras as festas do Nadal as obras do novo aparcadoiro público no recinto situado en Santa Lucía, un proxecto cualificado como "estratéxico" polo alcalde Sito Gómez que suporá un investimento de 160.602 euros, financiados a través do Plan +Provincia 2024.
A nova infraestrutura, situada nunha parcela anexa á rúa 6 e ao Edificio Multiusos, ocupará unha superficie de 550 metros cadrados.
Contará con 43 prazas de estacionamento gratuíto, das cales dúas estarán adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
O proxecto, que transformará a espazo onde actualmente se celebra o mercadillo quincenal.
Inclúe a instalación de pavimento de formigón nas prazas de aparcamento, aglomerado nos carrís de circulación e beirarrúas de acceso de ata dous metros de anchura.
Ademais, dotarase a zona con sinalización, alumeado público e rede de pluviais.
Como complemento ao aparcadoiro, acondicionarase unha zona verde con elementos de xardinaría, bancos e papeleiras, na que tamén se rehabilitará unha antiga estrutura cuberta de madeira.
O alcalde Sito Gómez explicou que se decidiu aprazar o inicio das obras ata despois do Nadal para non interferir coa actividade comercial e social propia destas datas festivas.
"Poñemos en marcha nesta primeira metade de mandato municipal un importante proxecto para Moraña, outro máis nun ano moi prolífico", destaca o rexedor, quen subliñou que esta actuación "vai ofrecer un servizo fundamental e vainos permitir seguir embelecendo e dotando de equipamentos á nosa capital municipal".