Mínima variación nos datos do paro do mes de novembro no concello de Pontevedra con tres persoas desempregadas menos. Na Boa Vila hai un total de 5.723 persoas rexistradas como demandantes de emprego.
Chama a atención o dato do paro nalgúns municipios como Sanxenxo con 127 desempregados máis, rexistrando un total de 1.197 persoas desempregadas e tamén no Grove con 96 persoas máis no paro ata sumar un total de 880.
Outubro | Novembro | Variación | |
Pontevedra | 5.726 | 5.723 | -3 |
Barro | 254 | 251 | -3 |
Bueu | 754 | 791 | 37 |
Caldas de Reis | 663 | 693 | 30 |
Cambados | 924 | 917 | -7 |
Campo Lameiro | 121 | 121 | 0 |
Cerdedo-Cotobade | 315 | 315 | 0 |
Cuntis | 281 | 287 | 6 |
O Grove | 784 | 880 | 96 |
A Illa de Arousa | 279 | 260 | -19 |
A Lama | 159 | 151 | -8 |
Marín | 1.657 | 1.617 | -40 |
Meaño | 335 | 361 | -26 |
Meis | 351 | 349 | -2 |
Moraña | 280 | 280 | 0 |
Poio | 1.098 | 1.047 | -51 |
Ponte Caldelas | 509 | 516 | 7 |
Portas | 182 | 188 | 6 |
Ribadumia | 312 | 299 | -13 |
Sanxenxo | 1.070 | 1.197 | 127 |
Vilaboa | 361 | 383 | 22 |
Vilagarcía de Arousa | 3.160 | 3.134 | -26 |
Vilanova de Arousa | 708 | 679 | -29 |
GALICIA
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en novembro en Galicia en 625 persoas respecto ao mes anterior, un 0,37%.
O total de desempregados en Galicia é de 170.369, o que supón 16.806 persoas menos que un ano antes, tras baixar un 8,98% en relación a novembro de 2017.
ESPAÑA
Os datos do paro en novembro reflicten unha tendencia á desaceleración en España aínda que a cifra é positiva, cun descenso do número de desempregados de 1.836 persoas respecto ao mes anterior (-0,06%). O problema é a debilidade que reflicte as cifras de creación de emprego.
A nivel estatal o volume total de parados alcanzou a finais de novembro a cifra de 3.252.867 desempregados, manténdose nos seus niveis máis baixos do últimos nove anos, informou este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Nos últimos doce meses, o desemprego reduciuse en España en 221.414 desempregados (-6,37%).
O desemprego masculino sitúase en 1.342.941 persoas, ao subir en 2.751 (0,21%) e o feminino en 1.909.926, ao reducirse en 4.587 (-0,24%) en relación ao mes de outubro. Se o comparamos con novembro de 2017, o desemprego masculino baixa en 122.722 (-8,37%) persoas, e o feminino descende en 98.692 (-4,91%).