O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) notifica este luns 1 de novembro un total de 59 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son dous pacientes menos que onte domingo.
Nas últimas 24 horas non se detectaron novos casos nas probas diagnósticas de infección activa practicadas.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés ten un paciente de covid ingresado en planta de hospitalización de Montecelo e non hai críticos na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).
O resto dos que contraeron o virus, 58 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 21.249 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse dúas persoas.
Durante a pandemia rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 308.116, fixéronse 102 probas nas últimas 24 horas. A estas probas súmanse as 150.078 de antíxenos e outras 110.485 de detección realizadas ata a data.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 524, son doce máis que onte domingo. Deles 144 son da área da Coruña, 38 da de Lugo, 111 da de Ourense, 59 da de Pontevedra, 79 da área de Vigo, 53 da de Santiago e 40 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 494 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.116 persoas curadas, rexistrándose 2.652 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.898.575.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.478.101.