A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta este mércores 2 de febreiro con 6.564 casos activos de coronavirus, mantendo a tendencia á baixa das últimas xornadas ao ser 221 menos que o día anterior.
Así se reflicte no balance diario ofrecido polo Servizo Galego de Saúde, e no que tamén destaca nesta ocasión a baixada nas hospitalizacións. En total son 79 as persoas que precisan atención hospitalaria na área sanitaria (9 menos), das que 5 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo e o resto faio en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (61), o Hospital do Salnés (11) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (2).
Na última xornada sumáronse ás estatísticas 583 novos contaxios e tamén 804 altas epidemiolóxicas a pacientes, que deixan a cifra total de recuperados desde o inicio da pandemia en 43.557 persoas.
Ademais ata a data contabilizáronse 243 falecementos de pacientes na área pontevedress con positivo activo.
No que respecta a os datos autonómicos, Galicia rexistra este mércores 60.277 casos activos de covid, o que supón 443 menos que o martes.