Nove carrozas darán cor á Batalla de Flores

Pontevedra
17 de agosto 2016

A que é unha das grandes citas para o público infantil durante as festas, a Batalla de Flores, celebrarase este venres 19 de agosto a partir das 19:00 horas

Batalla de flores
Batalla de flores / Mónica Patxot

Unha das principais citas para o público infantil durante as festas, a Batalla de Flores, ten todo o seu dispositivo preparado.

Un total de nove carrozas percorrerán este venres 19 de agosto as rúas do centro da cidade acompañados de grupos de animación musical e charangas.

O desfile partirá ás 19:00 horas da rúa Loureiro Crespo, no cruzamento coas rúas José Malvar e 12 de Novembro. Desde alí dirixirase cara a Benito Corbal para pasar tamén por Cobian Roffignac e Padre Amoedo e terminar a beiras do río.

A Policía Local preparou un dispositivo especial de tráfico para tentar minimizar a súa incidencia na circulación rodada da cidade.

Arquivado en