Nove cans estrean a macrocanceira da Armenteira

O Salnés
08 de abril 2013

Ata as 17.30 horas deste luns, o primeiro día de actividade, recolleronse cinco cans no municipio de Fornelos de Monte, un en Vilaboa e tres en Salvaterra do Miño e atenderonse dez chamadas solicitando información tanto do servizo como de avisos de recollida de animais

Cinco cans da comarca de O Condado- Paradanta, un da de Pontevedra e tres de Baixo Miño inauguraron este luns a polémica macrocanceira da Deputación de Pontevedra na Armenteira (Meis). Nos meses previos  á súa inauguración suscitou as críticas de asociacións protectoras de animais da provincia, pero finalmente entrou en funcionamento sen incidentes.

O servizo do Centro de Acollida e Protección de Animais Domésticos da provincia de Pontevedra (CAAN) comenzou a funcionar nas instalacións de Busto, xestionado pola empresa estatal pública Tragsa baixo a tutela da Deputación de Pontevedra.

Segundo a información facilitada pola Deputación, ata as 15.00 horas, recolleronse catro cans no municipio de Fornelos de Montes e un en Vilaboa e atenderonse dez chamadas solicitando información tanto do servizo como de avisos de recollida de animais.

Pola tarde, ata as 17.30 horas, chegaron catro cans maís, un de Fornelos de Montes e tres de Salvaterra de Miño. O maior tén 10 anos e presenta un forte golpe eu un deles é un pitbull potencialmente perigoso.

O centro, o primeiro de carácter público autorizado pola Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, ten 48 concellos adheridos ao servizo. Isto supón que atenderá unha poboación de 375.000 habitante. En breve sumaranse outros dous.

A Deputación insiste en que o centro garantiza o máximo respecto ás necesidades, benestar e dereitos dos animais e ven a adiantarse ao marco xurídico fixado na resolución de xullo de 2012 da Eurocámara. A política de xestión xira en torno ao fomento das adopcións e á realización de campañas de erradicación do abandono e maltrato animal.