Estas son as novas tarifas do taxi aprobadas en Pontevedra. Soben un 7,86%

Pontevedra
29 de marzo 2025

Establécese a tarifa mínima de 3,75 euros en horario diúrno e 4,50 euros durante o horario nocturno

Parada de taxis de Pontevedra
Parada de taxis de Pontevedra / Mónica Patxot

Á espera de que a Xunta dea o visto e prace definitivo para a súa aplicación, o Concello de Pontevedra aprobou xa as novas tarifas do taxi para un período de 4 anos.

Subirán un 7,86% as novas tarifas, que estaban sen actualizar desde o ano 2020.

Establécese a tarifa mínima de 3,75 euros en horario diúrno e 4,50 euros durante o horario nocturno, que comprende entre as 22.00 e as 6.00 horas durante a semana e que tamén se aplica en fins de semana e festivos.

De día, a quilometraxe pasará de 1,07 a 1,16 euros, mentres que a hora de espera subirá de 19,73 a 21,28 euros.

A noite terá outras tarifas: o quilómetro cobrarase a 1,54 e non a 1,43 euros, como até agora, e a hora de espera será de 23,69 euros e non de 21,96 euros.

O suplemento do maleteiro e o transporte de mascotas pasarán de 0,55 a 0,59 euros.