Novas formas de coñecer Pontevedra da man de "Cunca e nécora"

Pontevedra
12 de febreiro 2019

Nova edición de "Cunca e nécora" onde se poderá coñecer a cidade desde diferentes perspectivas. Esta nova edición desenvolverase ao longo de 5 días nos meses de febreiro, marzo e abril cunha serie de rutas temáticas onde se inclúe un especial San Valentín

Presentación das actividades de "Pontevedra a pé"
Presentación das actividades de "Pontevedra a pé" / Mónica Patxot

Nova edición de "Cunca e nécora" onde se poderá coñecer a cidade desde diferentes perspectivas. Esta nova edición desenvolverase ao longo de 5 días nos meses de febreiro, marzo e abril cunha serie de rutas temáticas onde se inclúe un especial San Valentín.

Serán seis rutas nas que se farán tres paradas para degustar a gastronomía galega cun viño e un pincho, cargar as pilas e intercambiar impresións entre todos os participantes.

As citas coas que contarán son: en febreiro, os días 15 e 17 "Cunca e nécora" especial San Valentín; o 1 de marzo un 'Mític  PTV' onde se percorrerán os locais e recunchos máis "míticos" da cidade; o 16 de marzo desenvolverase 'Pontevedra de cinema' para que os participantes poidan coñecer os escenarios da Boa Vila nos que se gravaron películas e series; e, para finalizar, o 6 de abril terá lugar un 'Cluedo' onde se terá que resolver un misterioso caso da cidade.

As persoas interesadas en participar teñen que inscribirse a través do correo electrónico [email protected], unha vez confirmada a praza terán que abonar 10 euros. As prazas son limitadas.