Os traballos para a renovación de toda a iluminación da emblemática Praza da Peregrina xa remataron e, tras as correspondentes probas, o novo alumeado xa está operativo.
O goberno municipal decidiu priorizar esta actuación no centro da cidade dado que a iluminación na praza era deficiente, a pesar dos intentos anteriores por dotala dun alumeado axeitado.
Os proxectores instalados e a tecnoloxía existente até o de agora non permitían ter unha iluminación duradeira, xa que a chuvia e, especialmente, a humidade afectaban a todas as luminarias que se instalaban sobre a fachada do número 5 da rúa Peregrina.
Na actualidade, a tecnoloxía led ofrece as suficientes garantías para dotar á Peregrina dunha luz nocturna en condicións.
Así, esta actuación, coordinada pola concellería de servizos urbanos básicos, que tivo un custe de 16.800 euros, se completou coa substitución a led de todas as luminarias de fachada.

Además, reforzouse a iluminación a pé de rúa con dous novos farois.
A intervención rematou coa instalación do novo proxector, tamén de luces led, que desde a fachada do mesmo edificio no que estaba o anterior, enfoca cara o centro da praza.
Con esta actuación, o goberno municipal segue a renovar a iluminación pública da cidade, uns traballos que continuarán este ano, xa que no orzamento de 2025 hai unha consignación de 450.000 euros para cambiar a led todos os barrios da zona leste da cidade.
É unha das poucas zonas urbanas que quedar por mudar de tecnoloxía, xa que nos últimos anos abordáronse os proxectos de renovación de toda a zona sur ou do barrio da Seca e está en contratación por 1,4 millóns da nova iluminación da parroquia de Lérez e o barrio do Burgo.