Nova edición da "cea-tómbola" da Asociación Contra o Cancro

Pontevedra
18 de xuño 2024

O evento desenvolverase, como xa é habitual, nas instalacións do parque do Liceo Casino na Caeira, o próximo día 19 de xullo desde as 21.00 horas

XXIV Cea Baile Solidaria da AECC Pontevedra
XXIV Cea Baile Solidaria da AECC Pontevedra / Liceo Casino de Pontevedra

A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra volve organizar a súa Cea Solidaria que chega á súa 27 edición como un dos eventos máis consolidados e con maior tradición da entidade.

O evento desenvolverase, como xa é habitual, nas instalacións do parque do Liceo Casino na Caeira, o próximo día 19 de xullo desde as 21.00 horas.

As entradas xa están á venda. Aquelas persoas que queiran asistir tan só deben reservar/comprar a súa entrada na sede da Asociación (C/Eduardo Pondal 64A, baixo en horario de 08.00 a 14.30 horas) ou chamar ao número gratuíto 900 100 036.

A recadación do evento permitirá financiar os programas e servizos gratuítos da Asociación e promover proxectos de investigación oncolóxica para alcanzar un 70% de supervivencia en cancro no ano 2030.

Desde a asociación aseguran que "haberá moitas sorpresas": unha tómbola na que se sortearán agasallos doados por empresas e colaboradores de Pontevedra e arredores, amenización musical e moita solidariedade.