Nova andaina polos montes e praias de Marín

Marín
06 de abril 2017

Este ano como novidade haberá dúas distancias, 25 e 15 quilómetros que durante a proba cada participante poderá escoller libremente, salvo que se supere o tempo máximo de paso

Andaina polo concello de Marín
Andaina polo concello de Marín / Concello de Marín

O Club Ciclista de Marín, coa colaboración do Concello, organiza a IV andaina montes e praias de Marín no marco das XXXIV ciclo marchas histórico artísticas de Marín.

Este ano como novidade haberá dúas distancias, 25 e 15 quilómetros, que durante a proba cada participante poderá escoller libremente, salvo que se supere o tempo máximo de paso.

Para inscribirse nesta andaina hai que facer un donativo mínimo de 2 euros e o que se recade será entregado na sua totalidade á Asociación española contra o cancro.

Estarán establecidos uns tempos mínimos e haberá uns puntos de control onde se abandonará se non se consigue chegar, e a organización encargarase da súa retirada.

A organización terá o dereito a descualificar a participantes que non se atopen nas condicións físicas mínimas para poder rematar a ruta, así como a aqueles que se excedan dos tempos máximos estipulados en cada control.

Salvo urxencia, a organización só recollerá aos participantes que abandonen nos puntos de avituallamento, sempre despois de que pasen as escobas da proba. Agás lesión os participantes terán que abandonar nos puntos de avituallamento. Os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun adulto, que será o responsable.