A Consellería de Sanidade notifica 1.429 casos activos na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés este luns 18 de abril, 132 máis que o mércores da semana pasada, antes dos días festivos de Semana Santa. Destes pacientes, 98 atópanse ingresados, dous deles na Unidade de Coidados Críticos de Montecelo. Trátase de 15 enfermos hospitalizados máis que hai cinco días.
Nas últimas 24 horas detectáronse 92 novos positivos a través de probas diagnósticas dentro da área.
Tamén se notifican dous falecementos durante estes días, elevando a cifra de decesos a 274 desde o inicio da pandemia.
En canto á incidencia acumulada tamén sobe na cidade de Pontevedra. Sitúase en 300 por cada 100.000 habitantes a 7 días; e en 493 a 14 días, cun ascenso nos dous casos.
DATOS EN GALICIA
Saúde Pública notifica 17 falecementos nos últimos días en Galicia, elevando o total de mortes na comunidade autónoma desde o inicio da pandemia a 3.289 vítimas.
O número de casos activos sitúase en 12.874, cun descenso de 133 positivos. Fronte a este dato, a cifra de hospitalizacións ascende a 726 ingresos, 140 máis que os notificados a semana pasada. A eles súmanse 16 persoas que se atopan nas Unidades de Coidados Críticos.
Por áreas sanitarias, os positivos repártense así: A Coruña-Cee:2.463 (+37); Vigo:2.167 (-209); Santiago-O Barbanza:2.147 (+110); Lugo:1.877 (-107); Ourense:1.644 (+15); Pontevedra-O Salnés:1.429 (+11) e Ferrol: 1.137 (+13).
Desde o xoves detectáronse 3.567 novos positivos en Galicia e nas últimas 24 horas notificáronse 769 contaxios.