Notable asistencia á xornada solidaria de zumba en Montero Ríos

Pontevedra
29 de setembro 2014

Os asistentes colaboraron levando alimentos non perecedoiros co obxectivo de doalos a Cruz Vermella para os seus programas sociais

Clase solidaria de zumba na Avenida Montero Ríos
Clase solidaria de zumba na Avenida Montero Ríos / Diego Torrado

Dúas horas de clase de zumba para todos e por unha boa causa.

ÿ o que acontenceu durante a tarde de domingo, de 19:00 a 21:00 horas, na Avenida Montero Ríos, convertida en ximnasio por un día.

Moitos foron os que tomaron parte no evento, que ademais de achegar cor á céntrica avenida, trataba de colaborar cunha iniciativa solidaria.

Paralelamente á actividade organizouse unha recollida de alimentos non perecedoiros que foron entregados a Cruz Vermella para os seus programas sociais.

Un grupo de tres irmáns brasileiros, Bruno, Gabriela e Angélica Hermida, foron os impulsores da máster class de zumba, unha actividade que mestura a partes iguais baile e deporte.