'Non todo vai ser sufrir!': Así é o vídeo que Pontevedra leva a Fitur

Pontevedra
18 de xaneiro 2022

Turismo de Pontevedra desvelou este martes o vídeo que será un dos eixos fundamentais da campaña de promoción que levará á feira Fitur 2022, na que se presentará como destino turístico nun acto previsto para o próximo venres 21 de xaneiro

Vídeo promocional de Pontevedra para Fitur 2022
Vídeo promocional de Pontevedra para Fitur 2022 / Concello de Pontevedra

Turismo de Pontevedra desvelou este martes o vídeo que será un dos eixos fundamentais da campaña de promoción que levará á feira Fitur 2022, na que se presentará como destino turístico nun acto previsto para o próximo venres 21 de xaneiro.

A partir do lema elixido para esta campaña, 'Non todo vai ser sufrir!', esta peza audiovisual está protagonizada polos espazos que converten a Pontevedra nun referente do turismo verde, deportivo e gastronómico, segundo destacan desde o goberno municipal.

O vídeo xa se pode ver na canle que Turismo de Pontevedra ten en YouTube.

Arquivado en