Os pontevedreses e visitantes que este sábado desprazáronse ás rúas polas que pasa o tradicional desfile de Entroido puideron gozar de tres horas de percorrido de disfraces individuais ou en parella, grupos, comparsas e fachas que, seguindo o espírito da festa, animaron ao público e o resto de participantes cun ambiente de alegría e compadreo, sen faltar a dose de crítica política e a mirada á actualidade local e nacional.
Miles de persoas asistiron como público e moi numerosa foi igualmente a cantidade de participantes a maioría dos cales se deron cita ao seu termo na praza da Ferrería para participar na habitual festa de Entroido e coñecer de primeira man quienés foron os gañadores deste 2018.
PontevedraVivapublicará entre este sábado e este domingo un conxunto de galerías fotográficas con todas as imaxes que deixou o desfile.
A programación do Entroido pontevedrés non fixo máis que empezar e queda por diante unha semana completa de actos. Todos poden consultarse nesta ligazón.