Pontedetapas, unha das iniciativas gastronómicas máis populares de Pontevedra, tómase un descanso. O certame, que adoita celebrarse todos os anos por estas datas, non se celebrará este ano. Así o recoñeceu a edil de Promoción económica, Anabel Gulías.
"Non temos tempo nin vos recursos suficientes", sinalou Gulías, debido a que as partidas económicas están esgotadas e o orzamento municipal prorrogado deixa moi pouca marxe.
O goberno municipal garante que Pontedetapas regresará en 2024.
Para iso, a responsable de Promoción económica anunciou que a principios do próximo ano comezarán os contactos coa hostalería local para "decidir as datas".
"Imos a traballar para buscar as mellores datas", explicou Anabel Gulías, que confía en poder darlle a este certame gastronómico o impulso que perdeu tras a pandemia.
Pontedetapas, engadiu, é un evento que ademais de xerar actividade económica na cidade serve como promoción da excelencia da gastronomía pontevedresa.