O goberno municipal, cos votos do BNG e PSdeG-PSOE, rexeitaron a creación dunha comisión de investigación sobre as contratacións do Concello que o Partido Popular considera que foron "ilegales e irregulares". O edil Goyo Revenga abstívose.
Os populares, que quedaron sós pedindo esta comisión, insistiron na necesidade de crear este órgano "para buscar la verdad", segundo o seu portavoz, Rafa Domínguez, que criticou que nacionalistas e socialistas "intenten encubrir la información" destes contratos.
"Los pontevedreses quieren saber qué se ha hecho con su dinero", sinalou Domínguez ante o pleno, tras criticar o "oscurantismo" e a "falta transparencia" do executivo municipal porque "no quieren que se sepa lo que hacen".
Ante todas as presuntas irregularidades denunciadas polo PP "no han negado ningunha", defendeu o portavoz popular, "porque todo lo que hemos sacado a la luz tiene base en papel". Sobre elas, engadiu, "solo han dado excusas y desculpas".
Non acceder a esta comisión de investigación, segundo o líder dos populares pontevedreses, "demostra que hay algo que ocultar" ou que houbo decisións que se adoptaron porque houbo "órdenes políticas" para contratar a "determinadas entidades o personas".
"El dinero ha acabado casi siempre en organizaciones afines al BNG", reiterou Domínguez, que lamentou o papel "sumiso" do PSOE, ao que tachou de "cómplice absoluto" desta situación por "querer tapar las vergüenzas de sus socios".
O aludido, Tino Fernández, recomendou aos populares que centren a súa actividade política é presentar propostas "que lle interesen aos cidadáns". Pontevedra, dixo, non necesita a un PP que "renuncia" a facer oposición "para revolcarse no esterco das pequenas miserias".
Tras pedirlles que actúen "con respecto" no pleno "porque isto non é o programa de Ana Rosa", Fernández pediu ao PP que "deixen de emporcar" a política municipal e defendeu a "transparencia" e a "honestidade" como as "fortalezas" do actual goberno.
"O único que consiguen con todo isto é parecer un grupo sen aspiracións de goberno porque non aportan nin unha soa idea. Só traen ruído, chascarrillos e moita mala baba", concluíu.
Desde as filas do BNG, foi César Mosquera quen interveu neste asunto para tachar de "disparatadas" as acusacións do PP e defender a "honradez demostrada e contrastada" do goberno municipal de Pontevedra.
Achacou esta estratexia á "incapacidade" da dereita de Pontevedra para elaborar unha proposta "construtiva" de goberno, ante o cal opta por "tentar sacar o que non hai" para "tratar de suplir" esa carencia de proxecto político.
"Que sigan buscando porque non van a atopar absolutamente nada", sinalou Mosquera, que lamentou que o líder do PP de Pontevedra "está a retratarse como un clasista, un cínico e un hipócrita" e está a actuar "como un matoncito" sinalando a persoas "que non están na vida pública", algo que segundo engadiu "non o imos aceptar".