'Arquetipos femininos' é o nome da actividade especial en exclusiva para mulleres que o programa Noites Abertas poñerá en marcha dentro das súas propostas para esta fin de semana con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.
Esta iniciativa desenvolverase o venres 8 ás 21.00 horas na Casa Azul.
Medicina Integrativa Pontevedra ofrece este taller. Durante a sesión analizaranse as poderosas forzas internas que inflúen nos sentimentos e nas accións das mulleres.
Neste taller personifícanse esas forzas internas nas deusas gregas grazas ao traballo da psiquiatra Jean Shinoda Bolen que utiliza esas imaxes como patróns dos distintos comportamentos das mulleres.
Desde a organización de Noites Abertas, programa do Concello de Pontevedra para a mocidade, destácase o éxito de actividades dinámicas como 'Espazo Aberto'.
Sinalan que xa se pasou do milleiro de asistentes ás actividades deste ano cando aínda quedan tres fins de semana con distintas propostas como 'Pandeireta e Canto tradicional galego', 'Modelado e animación para videoxogos en Blender: animación 3D', 'Tai Chi' ou o taller de 'Síntente unha estrela de rock'.