Hai cinco anos que a Noite en Branco (LNB) marca o inicio da campaña do Nadal en La Laguna (Tenerife). Dende entón, o último sábado de novembro comerciantes, hostaleiros, organizacións sociais, culturais e institucións converten por un día a cidade na capital do ocio de Canarias.
Entre as 10.00 da mañá e as 03.00 da madrugada, os establecementos permanecen abertos e as rúas énchense de todo tipo de postos onde se realizan talleres e actividades diversas. Museos, fundacións e edificios públicos completan a oferta.
Todo para atraer visitantes, que esta edición alcanzaron os 120.000, e fomentar o consumo local. A cidade Patrimonio da Humanidade é a segunda máis poboada de Tenerife, con algo máis de 150.000 habitantes, case o dobre que Pontevedra.
A música en vivo, danza, teatro, humor e deporte centran a programación de LNB, cuxos actos -só os organizados polo Concello superaron o centenar- se reparten enáreas temáticas repartidas polas principais localizacións do casco histórico lagunero.
OBXECTIVO: DINAMIZAR O COMERCIO LOCAL
O evento naceu co obxectivo de dinamizar o comercio local, inspirado no orixinal, 'Nuit Blanche', que se celebrou en París en 2002 e pouco despois adaptaronMadrid, Barcelona e outras urbes españolas. Hoxe máis dunha decena secundaron a iniciativa.
A Lagoa apostou por transcender a vertente meramente cultural do concepto parisiense ou madrileño e abranguer a comercial, familiar e patrimonial. Tamén por incluír o público infantil e xuvenil, ademais do adulto, segundo explica o concelleiro de Economía, Empresa e Emprego, Juan Antonio Alonso.
O proxecto, relata, foi desenvolvido polos axentes sociais e económicos da cidade co goberno local (Coalición Canaria), a través do Foro Anticrise. LNB supón, asegura o edil, "a posta de longo do comercio lagunero e da cidade para a época de Nadal". Un evento co "posicionarse antes que outras entidades" como centros comerciais de cara ao "efecto consumo", sostén.
UN MILLÿN DE EUROS DE VOLUME DE NEGOCIO
O investimento público en LNB ascendeu este ano a 80.000 euros, que se sumaron á achega de patrocinadores privados -en torno a 40.000 euros. A iso engádese a cobertura do gasto derivado de reforzar os servizos públicos, como o transporte -a súa capacidade incrementouse un 27% ese día-, seguridade e atención sanitaria.
As estimacións do Concello para esta edición apuntaban a un volume de negocio por enriba do millón de euros. Supérase en máis dun 300% o que se inviste, a xente consume", mantén Alonso, quen, non obstante, tamén advirte dos "moitos matices" que implica a avaliación económica do efecto do evento.
CAL ÿ O PERFIL IDÿNEO DE VISITANTE?
Iso é o que debaten empresarios e comerciantes de La Laguna, como indica o xerente de Alapyme, entidade que aglutina a titulares de establecementos situados no casco histórico; Julián González. "Non se trata de traer máis xente, se non de saber cal é o perfil que máis nos interesa", considera.
A Noite en branco supón "unha oportunidade", aínda que esperta unha gran disparidade de opinións. "Beneficios hai para todos", admite, "aínda que haberá xente que se queixe e diga que é esgotador". Non se obriga a ninguén, agrega ao respecto.
Os negocios, especialmente os dedicados á restauración, teñen que realizar varias quendas durante a xornada, "case multiplican por catro a actividade dun sábado", afirma o responsable municipal de Economía, Empresa e Emprego.
Calquera persoa podería comprobar que o volume de visitantes desborda en ocasións a capacidade de bares e restaurantes; malia que esa noite reforzan o seu persoal e recursos.
Sobre este punto, o xerente de Alapyme recorda que o evento xera postos de traballo e riqueza, á parte de atraer clientes. E por iso insiste en que o obxectivo é mellorar "a calidade" fronte á cantidade de visitantes.