"No somos como los demás, somos Espazo Común, somos libres, somos de los vuestros"

Pontevedra
06 de maio 2023

A formación política Espazo Común presentou este sábado no primeiro andar do Mercado de Abastos, a súa candidatura por Pontevedra para as eleccións municipais

Espazo Común aposta por unha campaña inclusiva e lanza unha mensaxe en lingua de signos / Espazo Común

A formación política Espazo Común presentou este sábado no primeiro andar do Mercado de Abastos, a súa candidatura por Pontevedra para as eleccións municipais. 

A cabeza de lista, María Rey, estivo arroupada neste acto polo fundador do partido, Pachi Vázquez que destacou na súa intervención que "cando chegas a unha idade dásche conta de canto tempo perdemos sen falar do que nos une", algo do que, segundo dixo, vén facer Espazo Común. "Isto non vai nin de esquerdas nin de dereitas, cada un ten a súa ideoloxía", engadiu.

Pola súa banda, María Rey insistiu en que "yo no soy como los demás" e que "sólo me preocupa Pontevedra".

Ademais asegurou que "ni yo ni mi equipo cerraremos las puertas a nadie" senón que pretenden entrar no Concello para  "tirarlas abajo y abrirlas para todos vosotros". Tamén manifestou que en Espazo Común "vamos a meter la pata muchas veces pero lo que no vamos a meter es la mano". 

"No somos como los demás, somos Espazo Común, somos libres, somos de los vuestros", rematou a candidata.

Como propostas principais do seu programa enumerou o apoio ao deporte base, negociar cos funcionarios municipais, escoitar aos veciños, crear máis canchas deportivas, unha piscina pública, "calles con más luz", abrir raíña Vitoria, "acabar con la privatización de los servicios públicos y dejar el capitalismo de los amiguetes", unha casa de acollida, servizos sociais "competentes" ou clases extraescolares gratuítas para as familias que non poidan pagarllas aos seus fillos, entre outras ideas.

A candidatura que encabeza María Rey complétase con Marga Soliño (2), Lucía Montoto (3), Carlos Diéguez (4), Ernesto Vazquez-Rey (5), Yolanda Corbacho (6), Damián Sueiro (7), María Del Carmen Blanco (8), Juan Manuel Gutiérrez (9), Alba María Hermida Augusto (10), César Santiago Sanmamed (11), Dora Pampín (12), Roberto Luis Díaz (13), Rut Arosa (14), Giordano Daniel Lugaresi (15), María Milagros López (16), Daniel Ferrer (17), Amal Elabboubi (18), Oliver Martínez (19), Aldara Fernández (20), Gustavo Floriani (21), María Del Carmen Coperias (22), Francisco Blanco (23), Carla Barros (24) e Juan José Raposo (25).