Nos Orzamentos Xerais do Estado para 2013, o Ministerio de Fomento, a través da Secretaría de Estado de Infraestructuras, consigna un total de 5,5 millóns de euros para compensar á concesionaria Autopistas do Atlántico pola perda dos movementos de O Morrazo-Vigo e tamén dos da Coruña-Barcala.
Deste xeito, ata o próximo orzamento en 2013 cruzar Rande seguirá sendo gratuito para os conductores que accedan ao viaducto desde O Morrazo. A partida aumenta con respecto aos anteriores orzamentos de 2012 en 300.000 euros.
Tras oito anos de presión veciñal, en maio de 2006, o goberno suprimiu a peaxe da autopista en Rande. Desde entón ten que compensar á empresa concesionaria pola perda de ingresos.
Para o próximo ano tamén está anunciada a reparación dos alicerces da ponte, nesta ocasión o custo será asumido por Audasa. De novo é a denuncia cidadá, en concreto da Asociación de Afectados da AP9, a que obriga a dar este paso.
A concesionaria da autopista asegura contar xa con proxecto e orzamento para acometer os traballos.