Nin o frío nin a choiva ameazan ao Entroido de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
07 de febreiro 2018

O Concello organiza unha festa de disfraces na discoteca Reivy, coa actuación do grupo musical "3.com", e celebrará o Entroido de Verán o 16 de xuño

Gran festa cos Reis Magos na discoteca Reivi
Gran festa cos Reis Magos na discoteca Reivi / Concello de Ponte Caldelas

O Entroido de Ponte Caldelas mira con tranquilidade ás previsións meteorolóxicas xa que o Concello, que dende o ano pasado apostou por desdobrar o Entroido entre o inverno e o verán, ten programada unha festa de disfraces para toda a familia na discoteca Reivy para este sábado, día 10, a partir das 18 horas.

O Entroido de Inverno incluirá tamén sorpresas como reparto de filloas, cotillón e sorteos. A amenización musical estará a cargo do grupo musical "3.com".

O equipo de goberno local está moi satisfeito dos resultados acadados o ano pasado.

O desfile, que se programa dende entón no mes de xullo, acadou gran asistencia de público e converteuse nun evento moi dinámico en comparación co desfile das datas invernais. Este ano chegará o día 16 e volverá contar cunha verbena ao remate ata altas horas da madrugada.

Arquivado en