¡Nin A España nin a Europa lles importa a nosa flota!, é o vello lema que segundo o voceiro do BNG, Guillerme Vázquez, "hoxe volve a estar de actualidade".
O líder nacionalista visitou aos mariñeiros de Mauritania que pasaron a noite no Concello de Marín. Son arredor de 70 mariñeiros da flota cefalopodeira galega en Mauritania que iniciaron este luns un peche no salón de plenos para reclamar o cobro das axudas pactadas tras a súa expulsión do caladoiro africano.
"Tratamos de expresar como Bloque Nacionalista Galego o noso apoio os mariñeiros da flota cefalopodeira que hoxe se atopan nunha situación de desamparo e sen futuro, que non cobran as axudas nin se renova o acordo de pesca con Mauritania", explicou Vázquez.
O voceiro do BNG demandou das autoridades que non miren para outro lado "porque ni al gobierno central ni a la Xunta parecen preocuparles este asunto", afirmó convencido de que "aquí será o goberno español o que teña que petar na mesa, e non peta, ese é o problema. Non é de recibo que outra vez nun novo acordo pesqueiro a perxudicada sexa a frota galega".
Os afectados decidiron hoxe en asemblea manter a protesta alomenos 24 horas máis
Pola súa banda os afectados decidiron hoxe en asemblea manter a protesta alomenos 24 horas máis, mantiveron xuntanzas cos grupos municipais para solicitarlles que apoien a manifestación prevista para este venres.
O secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, reiterou que "o fundamental e que este problema se coñeza porque afecta aos sectores básicos da nosa economía" e apuntou que "un montón de empresas cos seus traballadores van ir o garete porque alguén en Bruselas así o quere, sen ter ningunha razón máis", concluíu.