Se algún sentimento aflorou este martes no campus de Pontevedra foron, sobre todo, os nervios. Non só polos propios exames de acceso á universidade aos que se enfrontaban un milleiro de mozos e mozas da comarca, senón tamén por non saber o que se ían a atopar.
E é que as probas de avaliación de bacharelato, as coñecidas en Galicia como ABAU, que substituíron á tradicional selectividade, foron canto menos atípicas.
Cumprindo estritas normas de seguridade sanitaria, gardando as distancias e portando as máscaras de protección… e todo nun intenso día de calor. Así foron as condicións nas que se examinaron os alumnos que optan a iniciar a súa vida universitaria.
Ademais, despois de que o coronavirus interrompera as súas clases, nesta ocasión todos eles gozaron de unha maior posibilidade de elección entre os temas que caeron no exame.
Entre tres facultades do campus de Pontevedra, Ciencias Sociais e da Comunicación, Forestais e Ciencias da Educación e de Deporte -na que se habilitaron o pavillón e o ximnasio-, repartíronse ata 874 estudantes para iniciar a súa particular ABAU.
Fóra do campus tamén comezaron os exames no Centro de Recursos Educativos da ONCE, onde, coas adaptacións necesarias, realizan os exames dezaseis estudantes con discapacidade.
Outra das novidades desta convocatoria é que, para evitar desprazamentos e aglomeracións, habilitáronse comisións delegadas en Marín e Vilagarcía, vilas onde se examinaron, segundo os datos facilitados pola Universidade de Vigo, outros 777 alumnos de bacharelato.
Todos eles, antes de comezar coa proba, recibiron durante unha hora as indicacións pertinentes para a realización dos exames.
Tras o primeiro exame, que era o de Historia de España -no que houbo que elixir entre Fernando VII, a Restauración e la economía no franquismo-, moitos dos participantes sacudiron os nervios e volveron a dar vida ao campus de Pontevedra que, durante os tres próximos días, será como a súa segunda casa e no que se xogarán o seu futuro máis inmediato.