Un accidente de tráfico ocorrido entre dous vehículos durante a noite do xoves ao venres na Autovía AG-41, á altura do quilómetro 6 ao seu paso por Meis, deixou como resultado dúas persoas feridas.
Un dos afectados polo impacto foi un menor, de 10 anos de idade, que viaxaba como copiloto nunha furgoneta implicada no accidente.
Segundo informa o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, o sinistro produciuse por alcance entre un Mercedes e unha furgoneta Citroën.
Como consecuencia do impacto, o condutor do Mercedes e o copiloto do Citroën, o neno de 10 anos, tiveron que ser evacuados polas ambulancias do 061.

O adulto foi trasladado ao Hospital Quirónsalud de Pontevedra, mentres que o menor foi atendido das feridas no Hospital Provincial.
No operativo de emerxencia participaron, ademais do Servizo de Emerxencias de Cambados, efectivos da Garda Civil de Tráfico, persoal de Mantemento de Estradas, o equipo de Attestados e as ambulancias do 061.
