NCG Banco decidiu propoñer acordos xudiciais a todos aqueles clientes que, coa nova documentación presentada nas súas demandas, "xustifiquen que o seu perfil e circunstancias non eran as axeitadas para adquirir participacións preferentes ou obrigas subordinadas das antigas caixas".
O obxectivo da entidade é "resolver coa maior axilidade posible todas as demandas"que se están a presentar ante os tribunais de xustiza de Galicia.
A entidade financeira galega responde así á petición realizada o mércores 11 de setembro polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para que os aforradores que non puideron resolver a súa reclamación fronte a NCG Banco pola vía da arbitraxe poidan recuperar o antes posible o diñeiro depositado en participacións preferentes e obrigas subordinadas das antigas caixas.
Aseguran dende NCG Banco que con esta iniciativa, "os clientes poderán obter cantidades similares ás que tivesen recibido pola vía arbitral sen necesidade de ter que esperar a correspondente sentenza xudicial".
José María Castellano, presidente executivo de NCG Banco, dirixiu este mércores unha carta ao presidente da Xunta, na que lle explicaba a decisión.