Nauta Sanxenxo levará a cabo melloras no Porto Deportivo

Sanxenxo
02 de marzo 2020

Entre elas atópase a gasolineira, en cuxas instalacións se fará unha limpeza dos tanques, melloras nos surtidores e un acondicionamento do local

Porto deportivo de Sanxenxo
Porto deportivo de Sanxenxo / PontevedraViva

Nauta Sanxenxo poñerá en marcha unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar as instalacións do porto deportivo de Sanxenxo durante este ano 2020.

Entre elas atópase a gasolineira, en cuxas instalacións se fará unha limpeza dos tanques, melloras nos surtidores e un acondicionamento do local.

Ademais repararanse os pantaláns xa que durante este inverno producíronse debido aos temporais unha serie de deficiencias nalgúns pantaláns. Encargouse un informe para coñecer o estado real dos pilotes e así poder realizar as reparacións que sexan necesarias.

Por outra banda, o actual sistema de vídeo vixilancia dos pantaláns, do  varadero e da gasolineira será renovado para mellorar a seguridade nas instalacións portuarias.

Finalmente, no aparcamento de Nauta acometeranse traballos de mantemento, como é o pintado das prazas, paredes, ou reparacións pequenas.