Nauta Sanxenxo crea unha bolsa de emprego para reforzar o seo persoal

Sanxenxo
14 de marzo 2022

Os interesados poden presentar a súa solicitude para os postos de mariñeiría, oficina ou aparcamento ata o 24 de marzo

Entrada ao aparcamento de Nauta en Sanxenxo
Entrada ao aparcamento de Nauta en Sanxenxo / Mónica Patxot

Nauta Sanxenxo convoca unha bolsa para a contratación de persoal para o aparcadoiro, oficina e mariñeiría. A listaxe de traballadores que pasen as probas servirá como reserva cando sexa necesario o reforzo do persoal porque haxa unha maior carga de traballo, por substitución ou por necesidades puntuais nalgún dos departamentos.

A contratación realizarase por rigorosa orde en función da nota obtida nas probas que deberán realizar os interesados. 

A bolsa de emprego terá unha vixencia ata o 31 de decembro de 2025. As instancias poderán presentarse ata o 24 de marzo e nela deberase indicar a que bolsa de emprego quérese optar. A selección contará cunha proba escrita eliminatoria o próximo 28 de marzo e unha proba oral.

A empresa municipal ten de forma habitual no seu plantel a 17 traballadores que alcanza os 25, os meses de verán. A concesión portuaria e a actividade xerada en torno ao porto supón ademais preto de 140 empregos directos nas épocas de maior actividade entre mariñeiría, actividade hostaleira e comercial, servizos náuticos e aparcadoiro, unha cifra que podería superar os 600 postos se se suman os empregos indirectos.

A estes empregos hai que sumar os patróns de barcos que operan coas embarcacións con porto basee en Sanxenxo e os traballadores das distintas empresas instaladas no porto como comercios, locais de lecer e empresas destinadas ao mantemento de embarcacións.

Nauta xestiona o porto deportivo que conta con 450 amarres de entre 8 e 45 metros, unha superficie comercial de 3.000 metros cadrados e un aparcamento con 380 prazas.