Nas últimas 24 horas curáronse 1.130 enfermos de covid na área sanitaria

Pontevedra
25 de xaneiro 2022

A última actualización dos datos da pandemia na área sanitaria de Pontevedra O Salnés continúa este martes 25 de xaneiro co descenso dos casos activos de Covid-19, con 588 enfermos menos que onte luns, o que sitúa o total de casos en 7.920

Xente pola rúa
Xente pola rúa / Mónica Patxot

A última actualización dos datos da pandemia na área sanitaria de Pontevedra O Salnés continúa este martes 25 de xaneiro co descenso dos casos activos de Covid-19, con 588 enfermos menos que onte luns, o que sitúa o total de casos en 7.920. Nas últimas 24 horas curáronse 1.130 persoas.

Así, este martes o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica 542 novos casos abertos nas últimas 24 horas. 

Hai un total de 91 pacientes enfermos de Covid que están ingresados en planta de hospitalización, son 2 máis que onte. 

Son 77 (dous máis que onte) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 12 no Hospital do Salnés. Así mesmo, continúan 7 pacientes en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.

O resto dos que contraeron o virus, outras 7.822 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 37.631 pacientes, 1.130 máis que onte. Faleceron por este virus na área sanitaria 240 pacientes.

En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 464 probas, que se engaden ás 382.705 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 211.468 probas de antígenos e outras 118.535 probas de detección da covid-19.

GALICIA

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso por cuarta xornada consecutiva ata situarse en 67.350, son 4.026 menos que onte luns. Houbo máis altas (8.857) que contaXios (4.843), ao que se suma unha ducia de falecementos. Mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 638 (nove máis).

A taxa de positividade baixa a un 17,3 por cento no conxunto da Comunidade galega.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, por áreas sanitarias hai 14.415 casos na área da Coruña, 6.871 na de Lugo, 7.045 na de Ourense, 7.920 na de Pontevedra, 17.578 na área de Vigo, 10.288 na de Santiago e 3.233 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 588 en unidades de hospitalización e 66.712 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 315.869 persoas curadas, rexistrándose 2.893 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.515.011.

O número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.308.556.