Este xoves día 30 de decembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 4.993 casos activos de coronavirus, son 486 máis que onte mércores. Nas últimas 24 horas confirmáronse 629 novos contaxios nas probas diagnósticas practicadas.
Os datos actualizados que traslada o Servizo Galego de Saúde (Sergas) soben a 38 (un máis) os pacientes de Covid ingresados en planta de hospitalización. Son 27 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 6 (un máis) no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 5 no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo mantéñense en 10 pacientes críticos.
Actualmente permanecen 4.945 casos de coronavirus evolucionando en domicilio cunha sintomatoloxía leve ou asintomáticos.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 23.687 pacientes. Nas últimas 24 horas un total de 145 persoas superaron a covid-19.
Faleceron por este virus na área sanitaria 228 pacientes.
En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 2.277, que se engaden ás 360.519 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés onde tamén se practicaron 179.922 probas de antíxenos e outras 114.984 probas distintas de detección da covid-19.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 36.909 deles 6.638 son da área da Coruña, 3.149 da de Lugo, 3.905 da de Ourense, 4.993 da de Pontevedra, 9.345 da área de Vigo, 6.738 da de Santiago e 2.141 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 271 en unidades de hospitalización e 36.588 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 199.549 persoas curadas, rexistrándose 2.760 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.293.449.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.821.160.